Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, setembro 20, 2006

Día Mundial do Alzheimer


Mañá (bueno, matizo, un minuto despois da hora de publicación desta entrada) será 21 de setembro e se celebrará o Día Mundial do Alzheimer, data elixida pola Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer.

E antes de continuar aclarar quee non é que eu queira adiantarme aos acontecementos, senon que, por motivos que mañá serán evidentes, vinme obrigado a publicar está entrada hoxe.

E dito isto, continuo. O propósito desta conmemoración é dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais.

A enfermidade do Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuais (tradución para incultivados: que esqueces o que sabías e que che dan arroutos). Caracterízase na súa forma típica por unah perda progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada de 10-12 anos, aínda que iso poida variar moito dun paciente a outro.

A idade avanzada é o principal factor de risco para sufrir a enfermidade do Alzheimer (maior frecuencia a maior idade), aínda que nunha minoría de casos se presenta en idades menores a 60 anos. Entre o 2 e o 3% dos menores de 65 anos amosan signos da enfermidade, mentres sube ata o 25 e o 50% nos maiores de 85 anos.

O Alzheimer pasa por diferentes fases, de xeito que se poden distinguir tres etapas:
  • Inicial, cunha sintomatoloxía lixeira ou leve, o enfermo mantén a súa autonomía e só precisa supervisión cando se trata de tareas complexas.
  • Intermedia, con síntomas de gravidade moderada, o enfermo depende dun coidador para realizar as tareas cotías.
  • Terminal, estado avanzado e terminal da enfermidade, o enfermo é completamente dependente.
Os síntomas máis comúns da enfermidade son alteracións do estado de ánimo e da conduta, perda de memoria, dificultades de orientación, problemas coa lenguaxe e alteracións cognoscitivas(cognitivas).

A perda de memoria chega ata o non recoñecemento de familiares ou o esquecemento de habilidades normais para o individuo. Outros síntomas son cambios no comportamento como arroutos de violencia en xente que non ten un historial destas características. Nas fases finais a musculatura e a movilidade deterióranse, puidendo presentarse incontinencia urinaria e/ou fecal.

Na actualidade non existe cura para a enfermedade, pero sí tratamentos que intentan reducir o grao de progresión da enfermidade e os seus síntomas.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:59:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Blogger Layla dixo...

Que dia se celebra? esk no me akuerdo..

(toke humoristiko sin gracia xD)

quinta set. 28, 12:00:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA