Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, fevereiro 17, 2007

Parábola do sábado: Confiar e actuar


Un viaxeiro ía camiñando ao marxe dun gran lago de augas cristalinas. O seu destino era a outra beira.

Suspirou profundamente en canto tentaba fixar a mirada no horizonte. A voz dun home cuberto de idade, un barqueiro, quebrou o silencio momentáneo, ofrecéndose para transportalo.

O pequeno barco envellecido, no cal sería realizada a travesía, estaba provisto de dous remos de madeira de carballo. Logo os seus ollos percibiron o que parecían ser letras en cada un deles. Ao colocar os pés empoeirados dentro do barco, o viaxeiro puido observar que se tratava de dúas palabras, nun deles estaba tallada a palabra CONFIAR e no outro ACTUAR.


Sen poder conter a curiosidade, o viaxeiro preguntou a razón daqueles nomes orixinais dados aos remos. O barqueiro respondeu pegando o remo chamado CONFIAR e vogando con toda a súa forza. O barco, entón, comezou a dar voltas sen saír do lugar en que estaba. En seguida, pegou o remo ACTUAR e vogou con todo o vigor que puido. Novamente o barco xirou en sentido oposto, sen ir adiante.

Finalmente, o vello barqueiro, collendo os dous remos, vogou con eles simultaneamente e o barco, impulsado por ambos, navegou a través das augas do lago chegando ao seu destino, á outra beira.

Entón o barqueiro díxolle ao viaxeiro:

- ¡Ese porto chámase autoconfianza. Simultaneamente, é preciso CONFIAR e ACTUAR para que poidamos alcanzalo!


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:51:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous PaU! dixo...

tu sabes ke y0 confio en ti i lo demuestro aktuando :D :P i sé ke tu igual k0nmigo ;D asias x todo,hijito mioooo!;D

sexta fev 23, 09:42:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA