Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, fevereiro 03, 2007

Parábola do sábado: A perfección


Nasrudin conversaba cun amigo.

- Entón, ¿nunca pensaches en casar?

- Abofé que pensei
– respondeu Nasrudin. – Na miña xuventude resolvín buscar á muller perfecta. Crucei o deserto, cheguei a Damasco e coñecín a unha muller moi espiritual e linda; pero ela non sabía nada das cousas deste mundo.
Continuei viaxando e fun a Isfahan; alí atopei a unha muller que coñecía o reino da materia e o do espíritu, pero non era bonita. Entón decidín ir ata El Cairo, onde cenei na casa dunha moza bonita, relixiosa y coñecedora da realidade material.

- ¿E por que no casaches con ela?

- ¡Ah, compañeiro! Lamentablemente ela tamén quería un home perfecto.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:02:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Unha entrada moi boa! Dende o meu punto de vista, a perfección non existe, xa que cada un ve as cousas dun xeito distinto... Sen embargo, sí podería dicir que tal cousa é perfecta para min (tendo en conta que as imperfeccións son algo bo, necesario e inevitable nas nosas vidas).
Aproveito para dicirche que che agradezo o aprecio que me tes, pero a mellor persoa do mes pasado é Marykinha e non unha servidora... jeje!

domingo fev. 04, 08:12:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA