Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, fevereiro 24, 2007

Parábola do sábado: Hora baleira


Coidado coa hora baleira, sen obxectivo, sen actividade. Nese espazo, a mente enxendra mecanismos de evasión e delira. Cabeza ociosa é perigo á vista.

Grandes males son maquinados cando se dispón de espazo mental en aberto. Se, por algunha circunstancia, che xorde unha hora baleira, enchea cunha lectura, ou unha conversa positiva, ou un traballo que agarda oportunidade para a súa execución, ou unha acción que te proporcione pracer.

O home, canto mais enche os espazos mentais coas ideas do ben, mediante o estudo, a acción ou a reflexión, máis aumenta a súa capacidade e conquista máis amplos recursos para o progreso.

Estabelece un programa de realizacións e visitas para os teus
intervalos mentais, as túas horas baleiras, e te enriquecerás de descoñecidos tesouros de alegria e paz.

¡Hora baleira, nunca!


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:02:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Eu penso que é imposible ter "horas baleiras"... Existe algún segundo da nosa vida no que non reflexionemos? O problema é o tema no que reflexionamos... Ás veces ahí está o perigo.
Cambiando de tema... Que é da túa vida, que non se che ve por aquí?

quarta mar. 21, 10:17:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA