Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, janeiro 13, 2007

Parábola do sábado: A galiña e os parrulos


Deixovos aquí un conto que lin o verán pasado no libro Déjame que te cuente... de Jorge Bucay. Espero que vos guste.


Había unha vez unha parrula que puxera catro ovos... Mentres os chocaba, un zorro atacou o niño e a matou.

Por algunha razón non chegou a comerse os ovos antes de fuxir, quedando estes abandonados no niño.
Unha galiña choca que pasou por alí, atopou o niño sen coidados e o seu instinto fíxollle sentar sobre os ovos para incubalos.

Pouco despois naceron os parruliños e, como era lóxico, tomaron á galiña coma a súa nai e camiñaron en fila tras ela.

A galiña contenta coa súa nova cría, os levou ata a granxa.

Todas as mañás, despois do canto do galo, mamá galiña rañaba o chan co peteiro e os parrulos se esforzaban por imitala. Cando os parruliños non conseguían arrincar da terra un mísero verme, a ani sacaba para todos os seus pitos, partía cada miñoca en anacos e alimentaba aos seus fillos.

Un día, como outros, a galiña saiu a pasear coa súa niñada polos arredores da granxa. Os seus pitos, disciplinadamente, seguíana en ringleira.

Pero de pronto, ao chegar á lágoa, os parrulos dun salto se zambulliron con naturalidade no auga, mentres a galiña cacarexaba desesperada pedíndolles que sairan.

Os parruliños nadaban alegres e a súa nai saltaba e choraba temendo que afogaran.

O galo apareceu atraído polos berros da galiña e percatouse da situación.

- Non se pode confiar na xuventude - foi a súa sentenza - son uns imprudentes.
Un dos parrulos que escoitou ao galo, achegouse á beira e díxolles:

- Non nos culpen a nós das súas propias limitacións.
No penses que a galiña estaba trabucada. No xuzgues tampouco ao galo. Non creas aos patos prepotentes e desafiantes.

Ningún dos personaxes está equivocado, o que sucede é que ven a realidade desde diferentes puntos de vista. O único erro, case sempre, é crer que o punto de vista no que estamos é o único dende o cal se divisa a verdade.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:46:00 da tarde por kaka      5 comentarios

5 Comentarios:

Blogger Madeira de Uz dixo...

Olá, Kaká! Somente um par de cousas:
1) "clueca" em galego é "choca".
2) Deveras que só tens 17 anos!!?? Mimadrinha, como é de espelida a mocidade de hoje :)!!

Quem me dera a mim, com 17 anos, ser capaz de modificar o blogue como deste feito tu... e pensar no trabalho que me deu esta nova versão do Blogger para modificar, e vejo que tu modificas personalizas ao teu antolho... parabéns!

domingo jan. 14, 10:59:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Eso é o problema que temos todos cando xomos xovenes e "loitamos" contra os nosos pais e o sistema e tamén vai ser o problema que teremos que afrontar cando sexamos pais.
Bicos

segunda jan. 15, 04:15:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Sir Galeguzo, seica que tamén tes ganas de postear neste blogue?? Se eres o comentarista do mes, Kaka (que non Kaká), deixache que escribas no blogue un posto!
Bicos a ambos

quarta jan. 17, 07:41:00 da tarde  
Blogger kaka dixo...

Moi boas galeguzo, grazas polo teu comentario, pola corrección e en especial polas gabanzas... moitas grazas!!

Sen máis...

quinta jan. 18, 09:24:00 da tarde  
Blogger Madeira de Uz dixo...

Ainda que seja com retrasso, de nada! :-)))

quinta jan. 25, 08:17:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA