Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, abril 28, 2006

Parábola do venres: Unha razón para vivir


¿Por que naciches? ¿Pénsachelo algunha vez? Se xa o fixeches e aióda non atopaches resposta, presta atención á historia que vou contar.

Trátase dunha velliña que perdera toda a súa familia na guerra. Vendeu a gran casa que posuía e moraba agora nunha pequena casiña a carón da súa antiga propriedade.

Un día soubo que un mozo de 17 anos tentara suicidarse botándose ao mar.

O rapaz era metade negro, metade chion, e fora salvado pola policia contra a súa vontade. Estaba cheo de odio e total desespero.

A velliña foi á policia e pediu permiso para ver ao mozo. Tendo en conta a persoa que era, os policias deixáronlle falar con el.

- Meniño, di ela. O rapaz voltoulle a cara mais permaneceu sentado, feito pedra, indiferente a todo e a todos.
A velliña faloulle de novo, suave e lentamente, e con moito cariño:
- Meniño, entón non sabes que viñeches ao mundo para algo maravilloso, que só ti podes facer?
Despois de ter repetido iso varias veces, Xurxo voltouse subitamente para ela e preguntou con ironía:
- ¿Un negro? ¿Un fillo que non ten pais?

Calmamente a velliña insistiu:
- Porque es negro e porque non tes pais podes facer algo maravilloso.
O rapaz riu e considerou:
- Si, claro. ¿E queres que mo crea?
Mais a señora non se perturbou e faloulle novamente:
- Ven comigo e eu demostrareicho.
O rapaz, un tanto desconfiado, resolveu acompañala, ao final non tiña para onde ir...

Ela levouno para a súa pequena casiña e pediulle que coidase do xardín. Era unha vida simple, mais aquela muller o trataba con moito amor.

Pouco a pouco o odio e o desespero comezaron a ceder. A velliña deulle sementes de rabano e pediulle que sementase. El atendeu.

En dez días as plantiñas brotaran. Poucos días despois os rabanos apareceron e con eles a velliña fixo conservas deliciosas que deu ao seu novo amigo.

Un día, cun pedazo de bambu, Xurxo fixo unha frauta. Pasou a tocar e aledar a súa propia vida e dar gran felicidade á velliña...

Pouco tempo despois, a súa avoa adoptiva matriculouno na escola. Durante os dous anos do bacharelato, continuou a plantar vexetais, e axudaba tamén facendo artigos de couro.

En canto frecuentaba a universidade á noite, Xurxo axudaba nas obras do metro. Formouse e foi traballar nunha escola para cegos.

Os seus alumnos tocaban coas mans os ombros fortes e novos de Xurxo e dicían:
- ¡Oh, ti es tan grande e tan forte! ¿O teu peito é largo para ter aire para tocar a frauta, non si? Cando tocas, consigo entender a forma e as cores de moitas cousas.
Despois de ouvir aquelas palabras aos seus alumnos cegos, Xurxo finalmente chegou a casa e díxolle á velliña:
- Agora realmente creo que hai algo maravilloso que só eu podo facer.
E aquela señora, de cabelos albos respondeu:
- Si, meu fillo, todos nós temos unha razón para vivir. Todos nacemos para unha tarefa moi especial que só nós podemos executar.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:30:00 da manhã por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

snif snif eu quero saber cal é a miña causa para vivir!!

sábado abr. 29, 11:13:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Eu o mesmo que di Marykinha.... snif snif... a verdade e que é moi bonito peeeeeeeeeero recoñezo que moitas veces apéteceme tirarme ao mar como fai o rapaz o comezo do relato... Todos temos una razón para vivir... o problema chega cando non sabes que razón é!

Bikinhos! ;)

quarta mai. 03, 04:17:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Bueno, bueno... as razóns, coma acontece co rapaz da historia, están ahí e moitas veces cóstanos velas. Pero, coma no caso que temos aquí, chegará o día en que vexades con claridade: SEGURO!! De feito, o máis probable é que apareza alguén que nos abra os ollos e no-lo mostre (igualiño que nesta parábola).

domingo mai. 14, 05:48:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA