Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quinta-feira, julho 06, 2006

A amizade


Síntoo moito pero creo que hoxe me deu a vena filosófica e reflexiva (xa facía tempo da última vez...), así que espero ser breve para que vos moleste menos.

E desta vez cadroume falar da amizade, así por azar, como ben sabedes moitos. E así reflexionando sobre isto, xorden algúns interrogantes, entre os que quero destacar un: ¿Realmente existe ou trátase de algo temporal?

E non sei, pero para min a resposta depende de nós mesmos, dos que participamos da dita amizade, pois eu creo que unha amizade dura se os que nela interveñen aportan algo, son pacientes e tolerantes e non os move o orgullo. Suponse que unha amizade é algo gratuito, sen ningún tipo de interese por medio, que ofreces a túa amizade así, sen máis, porque queres compartir algo con outra persoa que che aporta moito máis que compaña, porque a amizade é moito máis que iso; amizade significa apoio, bos sentimentos recíprocos, risas e bos momentos, ilusións, confidencias...

A conclusión que saco desta definición é o que antes dicía, que unha amizade dura mentres as persoas que a desfrutan manteñen o comportamento propio da mesma.

Eu persoalmente quero crer na amizade, mais non me plantexo a súa duración senón a súa calidade. É dicir, que unha amizade pode romperse cando xa non che aporta nada ou se as amizades que formaban parte dunha etapa da túa vida non encaixan na seguinte, pero se conserva un cariño mutuo froito dese período da vida compartido.

Actualmente, síntome mellor neste sentido, porque se ben antes podía sentirme só nu ou noutro sentido, agora observo que hai persoas que se lembran e se preocupan por min e ás que me une unha amizade que espero dure sempre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:45:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Blogger Alex-4 dixo...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

sexta jul. 07, 07:05:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA