Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, julho 21, 2006

Parábola do venres: O xardineiro


O xardineiro chegou para o seu rutineiro traballo. No xardín da alegría revolveu a terra do sentir e abonouna con amor. Colocou vitaminas de esperanza e preparou o suco con moito cariño...

Separou con delicadeza as sementes cultivadas con coidado e trato.

Organizado, o xardineiro plantou as sementes, observando a harmonía das cores das flores que alí agromarían algún día.

Cada semente recibiu un coidado especial nese momento delicado. Suco feito, todas foron regadas con moito celo e atención.

Mais o seu traballo aínda non rematara. Herbas daniñas estaban prexudicando o crecemento da roseira. Alá se foi o xardineiro a coidar da raíña das flores. Non tiña receo dos espiños, sabía lidar con eles. Non maculou unha soa flor, tiña talento no que facía. Desbastou todo o que podería o crecemento da bela roseira. E fixo mais, afofou a terra ao seu redor e abonouna para dar máis forza á mais bela das belas. Un bo xardineiro non fai un servizo pola metade.

Mais aínda non finara o seu día de traballo. Tería que dar un trato nas árbores froiteiras, pois son o que garanten alimento para todos. Podou gallos secos, removeu follas mortas, e pulverizou pesticida por todo o pomar, garantindo así a protección dos froitos.

Como de costume, camiñou ao redor das árbores e abonou a terra, fortalecendo as árbores. Pensando sempre no futuro. Os bos xardineiros son sabios e previsores.

Pero o servizo do xardineiro aínda non terminara... En verdade, os bos xardineiros da vida non paran un só minuto... O xardín que teñen en fronte é vasto, fértil, mais está sempre precisando de coidados especiais.

Se non queremos vivir nun terreo baldío, nin padecer de falta de alimentos para a nosa alma, debemos coidar con cariño do xardín que nos foi confiado,

¿ao final somos ou no somos amantes da vida?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:05:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA