Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, julho 07, 2006

Parábola do venres: un real


Un meniño, con voz tímida e ollos de admiración, pregunta ao seu pai, cando este retorna do traballo:

- Papá, ¿canto gañas por hora?

- Escoita aquí, meu fillo, iso nin mamá o sabe. ¡Non me amoles, estou cansado!
Mais o fillo insiste:

- Mais, papá, por favor, ¡dime canto gaña por hora!
A reacción do pai foi menos severa e respondeulhe:
- Tres reais por hora.

- Entón, meu pai, ¿poderías emprestarme un real?
O pai, cheo de ira e tratando o fillo com brutalidade, retrucoulle:

- ¿Entón esa era a razón de querer saber canto gaño? ¡Vai durmir e non me molestes máis, neno interesado!
Xa era noite cando o pai comezou a pensar no que acontecera e sentiuse culpábel. Talvez, quen sabe, o fillo precisase mercar algo. Querendo descargar a súa consciencia machucada, foi ata o cuarto do fillo e, en voz baixa, preguntoulle:

- Fillo, ¿estás durmindo?

- Non, papá, - respondeulle, sonolento, o rapaz.

- Olla, aquí está o diñeiro que me pediu, un real.

- Moitas gracias, pai - dille o filho, cheo de felicidade. E levantándose e retirando dous reais máis da caixiña que estaba sobre a mesa falou:

- ¡Agora xa teño dabondo, meu pai! Teño tres reais, ¿poderías venderme unha hora do teu tempo?

E ti, ¿vendes o teu tempo ou a túa atención é xenerosa?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:11:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

esta parabola da ke pensar...xk weno,x una parte yo creo ke nosotros a nuestros amigos les damos todo el tiempo del mundo pero joder..tb ta la familia...ke nos obligan a estar con ellos un dia en la playa..un fin de semana...un mes i medio[ejem...]pero es como la praktika en el mundo real de lo ke el niño izo comprandole el tiempo al padre...no se...te da ke pensar.Besos[te digo el nombre?:P]

domingo jul. 09, 01:51:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA