Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 28, 2006

Parábola do sábado: Saber recibir


Hai moito tempo, nalgún lugar do mundo, había un homen que só quería ter dúas cousas na vida: unha flor e unha bolboreta.

Naquela época, as flores e as bolboretas eran cousas raras, difíceles de atopar. Mais Deus era unanimemente recoñecido como Aquel que Todo o Fai e Todo Pode. Así era bastante requisitado.

O home lembrouse de Deus e formalizou o seu pedido.

Despois diso, ficou días a fio ollando na dirección das nubes, coa esperanza de reciber unha resposta indicando que o seu pedido fora, polo menos, recibido. Ningunha resposta, porém, do ceo ou da terra recibiu... Os días pasaban, e nada acontecía. Por causa diso, o homem dubidou. Pensou ata que Deus era unha invención dos homes do seu tempo...

Mais un bonito día, cando menos o agardaba, unha caixiña dourada caeu do ceo na súa frente. Con tarxeta e todo. E o remitente era Deus. Na tarxeta branca, estaba escrito en letras douradas:

"Reciba con amor os presentes que Eu lle dou. Desculpe a demora. Deus".

- ¿Non é que El existe mesmo? - comentou o home.
E Deus non tiña esquecido nada. O paquete veu ata embrullado en papel de agasallo, enfeitado con lúas, estrelas e imaxes de querubíns. Arredor da caixa, podíase ver un grande e ben feito lazo de fita e, no medio del, un ramo de oliveira. Antes que un aventureiro calquera o fixese, o home agarrou a caixa.

Abriuna e encontrou dúas cousas: un cacto e unha eiruga. Non entendeu nada...

- ¿Pero que negocio é este? A xente pide unha cousa e El manda outra? - preguntouse. - Será que non me souben explicar ben?


Non se convenceu:

- O meu agasallo veu errado. Deus confundiuse. Debe ser porque recibe moitos pedidos...
O home abandonou o cacto e a eiruga nun canto.

Os días foron pasando... pasando... e, nun deles, vexa só o que aconteceu: ¡a eiruga transformouse en bolboreta e do cacto naceu a máis linda de todas as flores!

O homem de tanta sorpresa ficou parado, de boca aberta, con cara de tolo...


Hoxe os tempos son outros, pero a lección é a mesma: ten calma. Moitas veces o camiño recto non é o mellor e cómpre ter paciencia.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:40:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA