Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, junho 17, 2007

Liga en xogo


Bueno chicos, como por todos é sabido, esta tarde decídese a Liga, e cando digo a Liga refírome ao descenso, a UEFA e, por suposto, ao campión. E sobre isto quero permitirme facer a miña aposta e esbardallar un pouco ao respecto.

Manifestar que non quero que gañe o Real Madrid a liga, porque non me cae nada ben por ese aire superior que se dan, e o presidente tampouco colabora moito... se cadra o amigo Calderón debería lembrar que xa non é un aficionado máis e que representa a toda unha institución á que van a xulgar polos seus comportamentos, algo que parece que non importarlle moito.

A victoria do Sevilla tampouco me fai moito chiste, pois xa gañou a UEFA e aínda pode gañar a Copa do Rei e non mola que se leven todo, hai que ser bos e saber compartir; ademais o seu presidente tampouco me cae moi ben, apenas levan un par de anos na pomada e xa se cre o rei da festa e tampouco é así, ademais o Sr. Do Niño é o avogado de Julián Muñoz, e non sei, vendo como está o asunto, non sorprendería que o empapelasen en breves... vamos, que para min o señor este vai camiño de ser o novo Jesús Gil, que en paz (ou en Venezuela) descanse.

Queda o Barça, certo, pero tampouco me fai moita ilusión que gañe pero neste caso non porque lle teña nada que reprochar, sinxelamente os equipos poderosos, en xeral, non me gustan porque monopolizan a atención mediática minusvalorando o resto.

En resumo, que se ten que gañar un eu prefería que gañara o Depor, pero como a estas alturas xa non pode, pois que gañe o Barça, pero realmente tampouco me importaría moito que o fixera outro. Nin me vai nin me ven.

No que se refire á UEFA confeso abertamente que me gustaría que se clasificaran Zaragoza e Vilarreal, pois considero que son os que máis xogaron ao fútbol (non sempre con exito), especialmente o primeiro. Mais dicir que non teño nada contra o Atlético de Madrid, que incluso me caen ben os coitadiños quedando sempre co mel nos beizos, pero, outro ano máis, creo que non fixeron os méritos necesarios.

No descenso dicir que estando o Nástic xa descendido, os outros dous postos dariallos ao Betis, porque o Señor Lopera tampouco me parece moi simpático; e a Celta ou Real Sociedade indistintamente, porque aínda que son do Depor e recoñezo que ver ao Celta en 2º división é sempre divertido, se baixa quedamos sen derbi e con 6 puntos menos o ano que ven; tampouco hai nada que me de motivos para querer que a Real Sociedade se salve. De feito, ningún dos dous fixo moito para merecelo, pero aí están. Dicir que non quero o Athletic de Bilbao descenda, porque é un histórico moi peculiar e unha liga sen o Athletic pois non sería o mesmo.

Pois iso, xa queda todo dito. Agora que Deus reparta sorte.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:59:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Coincido bastante cos teus razonamentos; as diferenzas principais: prefiro que gañe o Barça e que o Celta se salve do ascenso máis que nada pensando na saúde do meu pai, que se pon de infarto con isto do fútbol. En calquera dos casos, que os resultados non traian demasiadas bombas, que esta noite teño que estudar!

domingo jun. 17, 05:31:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Ostrás, quería dicir que se salve do "descenso". Non sei se sería gafe e por iso xa está en segunda...

domingo jun. 17, 07:00:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA