Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, janeiro 30, 2007

Karel Svoboda falece


Bueno señores, aquí vos deixo unha triste nova que enche de bágoas á xuventude que coma min medrou con esta serie e que aínda lembra a mítica canción da Abeja Maya que compuxo o paisano que con Deus estea:

O compositor checo Karel Svoboda, autor de grandes éxitos mundiais como a banda sonora da película de debuxos animados La abeja Maya, morreu o domingo na súa casa de Jevany, 20 quilómetros ao sueste de Praga, nun aparente suicidio, segundo informou este luns a policia.

Svoboda, de 68 anos, faleceu polo disparo dun arma que supostamente efectuou el mesmo, dixo a voceira policial da xefatura de Bohemia Central, Sona Budska. "Examinamos o caso, pero parece que claramente se trata dun suicidio", declarou Budska.

Svoboda levaba sufrindo problemas de saúde desde fai tempo, o que puido ser a orixe dun esvaecemento que sufriu durante a celebración do seu 65 aniversario en novembro de 2003, cando foi hospitalizado.

Ademais de centos de bandas sonoras para películas, obras teatrais, series televisivas e musicais, non só para o público local, senón tamén para o estranxeiro, o artista compuxo numerosas partituras para o cantante checo máis galardonado do século XX, Karel Gott.

Karel Svoboda (Praga, 1938), tras iniciar os estudos de estomatoloxía, optou pola carreira musical e foi na década dos anos cincuenta e sesenta do século pasado membro da popular banda de rock checa Mefisto. Ademais de tocar o piano, comezou entón a compoñer con éxito as súas primeiras melodías.

Nos seus traballos para series de televisión, Svoboda destacou nas bandas sonoras de La abeja Maya, o Circo Humberto, Pinocho e Tao Tao, entre outros.

La abeja Maya, basada na novela de Waldemar Bonsels, obtivo moito éxito en España, Xapón, Sudamérica e Australia, e coa súa música Svoboda fíxose acredor de moitos premios.


O autor checo tamén compuxo bandas sonoras para as series Big Man, con Bud Spencer e Ursula Andress nos papeis principais do reparto e Flash, con Claudia Cardinale e Fabio Testi, entre outras.

Svoboda conseguiu ao longo da súa prolífica carreira numerosos discos de ouro e de platino, tanto no seu país como no estranxeiro.

Tamén obtivo en 1995 un notable éxito escénico co musical Drácula, estreado en Praga sobre a historia do sanguinario noble rumano, e que foi visto por máis de 1,5 millóns de persoas nos distintos teatros nos que se estrenou e de cuxa banda sonora se venderon unhas 250.000 copias.

A última produción de Svoboda foi o musical Monte Cristo.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:53:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, janeiro 27, 2007

Parábola do sábado: O parrulo


Á beira dun estanque, dicindo estaba un pato:

- ¿A que animal deu o ceo os dones que me deu a min? Son de auga, terra e aire; cando de andar me canso, se se me antolla, voo; se se me antolla, nado.

Unha serpe astuta, que lle estaba escoitando, chamoulle cun asubío e lle dixo:

- Non hai que ser tan arrogante señor parrulo, pois nin anda coma o cervo, nin voa coma o falcón, nin nada coma o peixe; e así teña sabido que o importante e raro non é entender de todo, senón ser destro en algo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:10:00 da manhã por kaka      2 comentarios

sábado, janeiro 20, 2007

Parábola do sábado: ¿como está a auga?


Estaba na praia co seu pai e pediulle que probara se a temperatura da auga era boa. Ela tiña cinco anos e se entusiasmou de poder axudar; foi ata a beiriña do mar e mollou os pés.

- Metín os pés. Está fría - respondeulle.
O pai tomouna en brazos, foi con ela ata a ourela do mar e sen ningún aviso a tirou dentro do auga.

Ela asustouse pero despois se divirtiu coa chanza.

-¿Como está a auga? - preguntou o pai.

- Está boa - contestou.

-Entón, daquí en diante, cando queiras saber algunha cousa, mergúllate nela.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:11:00 da manhã por kaka      0 comentarios

sábado, janeiro 13, 2007

Parábola do sábado: A galiña e os parrulos


Deixovos aquí un conto que lin o verán pasado no libro Déjame que te cuente... de Jorge Bucay. Espero que vos guste.


Había unha vez unha parrula que puxera catro ovos... Mentres os chocaba, un zorro atacou o niño e a matou.

Por algunha razón non chegou a comerse os ovos antes de fuxir, quedando estes abandonados no niño.
Unha galiña choca que pasou por alí, atopou o niño sen coidados e o seu instinto fíxollle sentar sobre os ovos para incubalos.

Pouco despois naceron os parruliños e, como era lóxico, tomaron á galiña coma a súa nai e camiñaron en fila tras ela.

A galiña contenta coa súa nova cría, os levou ata a granxa.

Todas as mañás, despois do canto do galo, mamá galiña rañaba o chan co peteiro e os parrulos se esforzaban por imitala. Cando os parruliños non conseguían arrincar da terra un mísero verme, a ani sacaba para todos os seus pitos, partía cada miñoca en anacos e alimentaba aos seus fillos.

Un día, como outros, a galiña saiu a pasear coa súa niñada polos arredores da granxa. Os seus pitos, disciplinadamente, seguíana en ringleira.

Pero de pronto, ao chegar á lágoa, os parrulos dun salto se zambulliron con naturalidade no auga, mentres a galiña cacarexaba desesperada pedíndolles que sairan.

Os parruliños nadaban alegres e a súa nai saltaba e choraba temendo que afogaran.

O galo apareceu atraído polos berros da galiña e percatouse da situación.

- Non se pode confiar na xuventude - foi a súa sentenza - son uns imprudentes.
Un dos parrulos que escoitou ao galo, achegouse á beira e díxolles:

- Non nos culpen a nós das súas propias limitacións.
No penses que a galiña estaba trabucada. No xuzgues tampouco ao galo. Non creas aos patos prepotentes e desafiantes.

Ningún dos personaxes está equivocado, o que sucede é que ven a realidade desde diferentes puntos de vista. O único erro, case sempre, é crer que o punto de vista no que estamos é o único dende o cal se divisa a verdade.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:46:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sábado, janeiro 06, 2007

Parábola do sábado: A zorra tolleita


Un home camiñaba polo bosque cando viu unha zorra tolleita. "¿Como fará para alimentarse?", pensou.

Nese momento, achegouse un tigre cun animal entre os dentes. Saciou o seu apetito, e deixoulle as sobras á zorra. "Se Deus axuda á zorra, tamén me vai axudar", reflexionou.


Volveu á sua casa, encerrouse nela e quedou agardando a que os Ceos lle proveran de alimento. Nada pasou. Cando xa se estaba quedando sen folgos para saír a traballar, se le apareceu un anxo.

- ¿Por que decidiches imitar á zorra tolleita? - preguntou o anxo.

- ¡Levántate, toma as túas ferramentas, e toma exemplo do tigre!

Sen máis...



PD: dicir, por se a alguén lle interesa ou xa a coñecía, que é de Paulo Coelho.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:33:00 da tarde por kaka      1 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA